23 maio 2023 | Se chegaches ata aquí, probablemente sexas das persoas que estamos buscando. Estamos na procura de persoas e colectivos transformadores da realidade e a contorna na que se insiren. Persoas que están atentas ás necesidades da comunidade, e que xuntan forzas e poñen en marcha a creatividade para transformar o que non está a funcionar. Ou quizáis tedes algunha inquedanza, pero aínda non tedes moi claro que é o que podedes facer?

O vindeiro mes é un momento importante para O Globo, xa que celebraremos o V Encontro anual. Como cada ano, queremos que sexa un espazo no que compartir, aprender colectivamente, e visibilizar iniciativas moi diversas que constrúen un mundo máis xusto. Gustaríanos, tamén, poder contar con vos, persoas e colectivos aos que ás veces non chegamos, polo que te animamos a que nos escribas!

Ademais, esperamos poder aportar a cambio algunhas das aprendizaxes no Globo (a metodoloxía luces - cámara - acción), e compartir experiencias con outras micro - experiencias de transformación social. Como vedes, os colectivos son moi diversos: alumnado, grupos xuvenís, tecido asociativo, cooperativas, entidades, e grupos informais, entre outros. Gustaríanos coñecer novas iniciativas de transformación social, para continuar tecendo rede e ampliando as experiencias que transforman a contorna.
O Globo chama a vosa atención? Queredes saber máis? Escríbenos a direccion@solidaridadgalicia.org ou a través das RRSS.