17 xaneiro 2023 | Dezaseis profesores e profesoras de distintos centros de educación secundaria, formación profesional, e profesionais da educación social, participaron nesta formación. Partimos dun reto: como podemos promover e potenciar o desenvolvemento das competencias curriculares e as habilidades de participación entre o alumnado?

Despois dun breve percorrido teórico pola Educación para a Cidadanía Global, presentamos O Globo como ferramenta de participación social, introducindo a reflexión sobre o contexto global de desigualdade no que vivimos, afondando nos conceptos de interdependencia e corresponsabilidade, e presentando a metodoloxía das micro-experiencias de transformación social.

A xornada de formación remataba cun exercicio grupal e práctico, onde poñer en marcha esta metodoloxía partindo dunha temática de interese para o alumnado / profesorado. De cara á seguinte sesión, o profesorado porá en práctica nos seus centros as dinámicas desenvoltas, acompañados por Solidaridad Internacional Galicia, para compartir os avances na seguinte xornada formativa, que terá lugar o día 3 de marzo de 2023.