Primeira reunión do Prisma
Santiago de Compostela foi testemuña do arranque do proxecto do Globo coa emocionante primeira reunión do seu órgano de dirección e pilotaxe, o Prisma, o 22 de marzo de 2019.
24 marzo 2019 | Na reunión fixáronse os obxectivos do Globo, destacando o compromiso social e a incidencia política, que están vinculadas e deben ir da man, para conseguir modificar a realidade cara un mundo máis xusto.
Aprender a través da acción tamén se suliñou como o paso máis relevante dentro da metodoloxía do Globo, que debe abrirse á participación de axentes do sur e a iniciativas locais.
Para os medios, o globo debe converterse nun espazo que dá voz a novos e pequenos proxectos e nunha fonte de documentación do que está a ocorrer na educación para a cidadanía global, mentres que para o alumnado debe permitir que se senta parte importante “do cambio” e que coñeza e se identifique con outras persoas facendo tamén cousas pequenas pero valiosas.
Para o profesorado e as ONGDs o Globo debe facilitar o aceso a ferramentas para o traballo educativo e promover espazos de encontro que animen ese traballo moitas veces moi persoal e mesmo solitario.
Na reunión tamén se abordaron cuestión de operativa do propio Prisma e se deseñou conxuntamente o primeiro encontro do globo.