Escape from the net cave
Intercambio xuvenil no que mozos de distintos países participaron nunha experiencia multicultural centrada en concienciar sobre a alfabetización mediática e o pensamento crítico no contexto actual.
Os desafíos da información na era dixital
Nas últimas décadas, as tecnoloxías da información e comunicación integráronse tanto na nosa vida diaria que resulta difícil imaxinar vivir sen elas, especialmente para os mozos que non coñecen un mundo previo a internet.
Isto transformou completamente a forma en que accedemos á información, coas redes sociais mostrándose perigosamente efectivas en polarizar a opinión e promover ideoloxías extremistas a través de algoritmos de recomendación.
Problema fundamental é o das fakes news, confirmado tamén por un estudo da Universidade de Stanford, onde a maioría dos estudantes afirmaron de ter dificultades para distinguir entre noticias reais e falsas.
Outro exemplo é a "sobrecarga informativa", definida polo politólogo Betram Gross como o fenómeno no que a cantidade de información supera a capacidade de procesamento dun sistema, o que leva a unha diminución na capacidade de toma de decisións.
Ademais, varios estudos demostraron que o uso frecuente de redes sociais está relacionado cun aumento na sensación de illamento social e problemas de saúde mental.
Aprender a navegar no océano da información
Hoxe máis que nunca, atopámonos ante unha xeración de mozas que loitan por distinguir a verdade da mentira, o obxectivo do subxectivo. Aínda que internet abriu un mundo de posibilidades, tamén abriu unha “caixa de Pandora” de información infinita das cales os mozos forman as súas opinións e perspectivas do mundo. Por isto, é crucial que os mozos desenvolvan competencias para navegar conscientemente nesta contorna mediática moderna.
Ao tratar este tema cos mozos, notamos que eles se dan conta de que están expostos á manipulación, pero non teñen as ferramentas para enfrontar o problema, e a sensación de sentirse perdidos nun océano de información sen ter medios para filtrar e verificar as fontes representa un desafío para o desenvolvemento das súas propias perspectivas individuais.
Por isto, é fundamental axudar aos mozos para desenvolver habilidades adecuadas para analizar a información de maneira obxectiva e protexer a súa liberdade de pensamento e decisión.
Intercambio xuvenil internacional “Escape from the net cave”
Onde e cando: Narón, 2022
Quen: Mozos entre 17 e 30 anos de 6 países
Duración: 10 días
Metodoloxía: Educación non formal (xogos de aprendizaxe, talleres, debates, grupos de reflexión)
Fases do intercambio:
- Os primeiros días foron dedicados a coñecerse e crear un ambiente de aprendizaxe segura onde os participantes puidesen compartir as súas ideas, a través de actividades e xogos de icebreaking ou team-building.
- Dia 4-6: As actividades seguiron unha progresión inspirada no mito da caverna de Platón. Metaforicamente, exploramos como o que recibimos a través dos medios pode ser diferente do que se presenta, e como podemos tomar conciencia e saír da caverna mediante o pensamento crítico. Nesta fase penetrámonos no tema, analizando as realidades e a visión de cada país sobre os medios de comunicación, e as diferentes técnicas de manipulación, utilizando varias metodoloxías como a discusión en grupos.
- Dia 7-10: buscáronse solucións para os problemas explorados. Os participantes, divididos en grupos, crearon un "toolkit" e varios vídeos sobre os temas analizados. O último día dedicouse a reflexionar sobre a experiencia e a aprendizaxe adquirida.
Toolkit creado polos participantes