Bancos pola xustiza social
Bancos pola xustiza social é un proxecto de sensibilización cidadá para a xustiza social, realizado polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo ao longo dos anos 2023 e 2024.
Consiste nuns obradoiros para o deseño colaborativo de mobiliario urbano.
A igualdade ocupa rúa
No 2023 o Concello de Bergondo decide instalar no municipio bancos decorados con mensaxes asociadas a valores, comezando por un banco pola igualdade, instalado desde marzo 2023 ao carón do edificio dos Servizos Sociais.
Para reforzar o impacto social da acción, o deseño destes elementos faise de maneira colaborativa, partindo dun obradoiro de sensibilización e creatividade en colectivo. Coas ideas dese espazo, a artista local Iria Fafián traballou nun deseño final do banco, e interveu sobre el.
Bancos para a xustiza social
Trala experiencia en marzo de 2023, no outono do mesmo ano decidimos abranguer a intervención sobre 9 bancos máis, seguindo o mesmo proceso de traballo que neste primeiro elemento piloto. O número escollido foi 9 para que
cada unha das parroquias de Bergondo contase cunha destas pezas de mobiliario urbano artístico e participado.
Para a realización destes novos bancos, propuxemos a asociación de cada un deles a un valor e colectivo que sofre algunha discriminación na nosa sociedade. Deste xeito, o soporte do banco convértese nun elemento comunicativo para sensibilizar a veciñanza sobre os dereitos de todas as persoas e reivindicar unha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria.
Bancos para a xustiza social
O Concello de Bergondo impulsa un novo proxecto de sensibilización cidadá para a xustiza social, ao abeiro dos fondos do Pacto de Estado. Tras un piloto no que se creou de maneira colaborativa un banco pola igualdade, no outono do 2023 levouse a cabo a intervención sobre oito pezas máis do mobiliario urbano en colaboración coa artista local Iria Fafián. Os temas escollidos nesta ocasión foron: diversidade cultural, diversidade funcional, mocidade, infancia, defensa do medio ambiente, diversidade sexual, persoas maiores e saúde mental.
O deseño dos novos bancos foi colaborativo, partindo de obradoiros abertos nos que a cidadanía deu ideas para a mensaxe, imaxe e emprazamento destes elementos. Os obradoiros contaron ademais coa colaboración de entidades que traballan de maneira específica cos colectivos interpelados.
O deseño de cada banco traballouse directamente nun obradoiro específico co colectivo ao que representa, xerando un vínculo con esa peza do mobiliario urbano e por extensión co territorio.
Neles, había unha primeira parte onde se poñía un marco para falar dos dereitos do seu colectivo, e unha segunda cunha dinámica grupal de creatividade onde dar ideas para o deseño.
Os bancos deseñados foron:
- Infancia: en colaboración co alumnado de 3ºE.P. do CPI Cruz do Sar.
- Mocidade: en colaboración co alumnado de 3ºESO do CPI Cruz do Sar.
- Persoas maiores: grupo da actividade de estimulación da memoria da
parroquia de Lubre en colaboración co monitorado das actividades de
envellecemento activo.. - Diversidade sexual: en colaboración co clube de lectura LGTBIQ+ As
Mariñas, ademáis cóntase co grupo de expertos da Asociación Alas
Coruña. - Diversidade cultural: grupo da actividade de saudablemente da
parroquia de Bergondo.Cóntase co apoio da ONG Mestura de Culleredo
e da ONG Sen Valos de A Coruña. - Diversidade funcional: en colaboración co Centro de Promoción da
Autonomía Persoal de Bergondo. Persoas participantes no proxecto de
ocio dirixido a persoas con diversidade funcional Universo Diverso do
Concello de Bergondo. - Saúde mental: Grupo da actividade de saudablemente da parroquia de
Ouces. Cóntase co apoio da Asociación TP Galicia. - Medio ambiente: Grupo aberto xenérico.
- Lectura: Creación libre.