Acampadas por Palestina
O pasado 7 de outubro houbo un punto de inflexión no conflito Palestino-Israelí, no que este último estado iniciou un xenocidio cara o pobo palestino que sigue a cometerse a día de hoxe. Moita xente pensa que o conflicto comezou este outono, pero leva activo máis dun século. Un punto importante, que axuda a comprender este problema, foi a Nakba, en 1948, no que centos de miles de palestinas e palestinos foron botados dos seus fogares. O “estado de Israel” existe porque unha resolución das Naciones Unidas lle concedeu o dereito de existir no territorio palestino, xa habitado e ocupado por ese pobo. Por outro lado, o “estado de Israel” leva vulnerando as resolucións internacionais así como tamén os dereitos das persoas palestinas.
Unha oleada de acampadas levantáronse por todo o mundo para loitar contra a masacre e o xenocidio que está a cometer Israel e o estudantado da UDC, sen dudalo, acampamos no campus de Elviña.
A situación en Gaza
O sionismo é un movemento que defende e persegue a creación dun estado xudeu na terra prometida do xudaísmo é dicir, na Palestina histórica. Por diferentes motivos, os xudeus comezaron a emigrar a esta terra en 1881, máis houbo grandes oleadas ao longo do século XX.
O número de xudeus en terras palestinas foi crecendo e, á par, os conflictos entre ambos. A ONU, no ano 47, emitiu unha resolución na que se dividiu a rexión en dous estados: un árabe e un xudeu (54% do territorio).
Os israelís foron ocupando cada vez máis territorio a base de medo, guerras e violencia.
Dende o 7 de Outubro, 36.586 persoas palestinas foron asasinadas e 83.074 de palestinos e palestinas foron feridas no xenocidio que está a cometer Israel en Gaza. Ademáis da toma de reféns, incluindo infancias, e o máis do millón de persoas foron desplazadas en toda a franxa de Gaza.
Máis da metade da poboación gazatí vive en situación de pobreza e padecen inseguridade alimentaria. Ademáis, menos un 10% da auga do acuífero de Gaza é potable e un terzo dos produtos médicos esenciais están esgotados
O xenocidio
A ocupación de Palestina trouxo consigo unha serie de inxustizas que convertiu a Gaza en, práctimante, unha cárcere. No ano 2007, Israel bloqueou restrinxivamente as fronteiras, facendo que gran parte da poboación nunca tiveran a oportunidade de sair do territorio, nin sequera en momentos de inseguridade extrema.
36.586 persoas asasinadas, inluindo infancias, 83.074 feridas, decenas de reféns, máis dun millón de refuxiados... E todo isto dende o 7 de Outubro, dende que comezou o xenocidio, pero non podemos esquecernos da masacre e da violencia que se leva dando dende que os xudeus chegaron á terra palestina.
O que está claro e que isto non pode seguir así. Está a morrer xente indistintamente: mulleres embarazadas, persoas maiores, crianzas... É un xenocidio, non unha guerra, e hai que detelo!
Acampadas por Palestina!
O pasado 8 de maio, vendo o movemento mundial de estudantado acampando polo pobo palestino e polo fin do xenocidio, o estudantado da UDC levantamos unha acampada simbólica no campus de Elviña. Pensamos que non era suficiente e, preparándoa con máis tempo, máis recursos e un maior apoio doutras organizacións, acampamos no centro do campus.
Dende entón, logramos que o Reitor da UDC, e outros membros da directiva se puxeran en contacto con nos cunha actitude positiva cara as nosas demandas. Ademais, nesta acampada levamos a cabo diferentes actividades. Principalmente, manifestacións e movementos artísticos. Enchemos o campus de bandeiras palestinas, de nomes das crianzas asasinadas no xenocidio, carteis informativos, etc.
Colaborando cos Riazor Blues da Coruña, organizamos unha sesión de boxeo, contamos co artista Paris para un concerto e fixemos tamén picoteos por Palestina para todas as persoas interesadas en aprender algo sobre o conflito.