Cancións con compromiso para o cambio

2024

IES Fernando Wirtz

ODS05 Igualdade Xenero, ODS10 Reducion Desigualdades

A microexperiencia foi promovida polo equipo da Biblioteca dentro do marco das actividades propostas para a “animación á lectura”. Trátase dun clube de lectura no que lemos libros e escoitamos cancións que ao longo da historia estiveron comprometidas cos dereitos civís, co pacifismo e coa identidade de xénero. 

A música como transmisora de valores

Escoitamos máis música ca nunca. A nivel mundial, facémolo unha media de 20,7 horas á semana.

A música que escoitamos non nos transmite unicamente unha serie de melodías e ritmos, senón que, coas súas letras, fainos chegar mensaxes cargados de actitudes e valores. Deste xeito, a música pode ter un gran impacto na sociedade.

Frecuentemente, fálase do papel da música como transmisora de prexuízos e estereotipos cara ás mulleres, cara ás persoas racializadas ou migrantes, e cara a todas as persoas que en xeral discrepan de todo aquilo que unha sociedade considera como normativo, perpetuando así as inxustizas e as desigualdades; mais poucas veces nos paramos a pensar no papel que esta pode ter á hora de xerar conciencia e promover cambios positivos para as persoas.

Informe "Engaging with Music 2023" Infografías "Engaging with Music 2023"

Pode a música axudar a cambiar o mundo?

Nesta fase da actividade reflexionamos sobre cancións con diferentes temáticas: a loita racial, os movementos pacifistas e a identidade de xénero. Cada temática foi abordada nunha avaliación.

  • Coa música jazz de cantantes como Billie Holiday ou Nina Simone entre outras, puidemos achegarnos á  loita polos dereitos civís.  O alumnado puido comprobar a valentía desas mulleres para reivindicar a súa loita e a necesidade de seguir mantendo ese espíritu na actualidade e no noso país.
  • Coas cancións que xurdiron a partir da guerra de Vietnam puidemos achegarnos aos movementos pacifistas e comprobar como se pode protestar e facer de determinadas cancións himnos que loitan contra a guerra. Estes movementos pacifistas son o modelo que seguen as actuais manifestacións contra a situación que está a suceder en Gaza.
  • Coas cancións de mulleres como Patti Smith, Alaska e outras  pioneiras do empoderamento feminino e a visibilidade da identidade de xénero puidemos achegarnos a unha realidade que está aínda en construcción e que ten xa unha xeración de xóvenes  dispostas a forma parte dunha loita colectiva través das súas cancións.

 

Visibilizamos as cancións de transformación social nunha exposición no corredor da biblioteca

Fíxose unha exposición para informar e sensibilizar ao resto do IES Fernando Wirtz sobre a necesidade de seguir mantendo vivo o espíritu de loita e a reivindicación das  cancións propostas. 

Na exposición móstranse cantantes emblemáticas e cancións que foron himnos na reivindicación de determinados dereitos. Trátase dun material seleccionado polas persoas responsables da biblioteca que inclúe imaxes de cantantes, portadas de discos e libros.

Exposición Cartel