Construíndo alternativas ecofeministas

2023

Alalá S. Coop. galega

ODS05 Igualdade Xenero, ODS10 Reducion Desigualdades, ODS11 Cidades Comunidades Sostibles, ODS13 Accion Polo Clima

Este proxecto ecofeminista procura unir as miradas de distintas persoas na defensa das mulleres, animais e da terra, para construir novos imaxinarios que nos representen. conseguímolo a través de compartir procesos creativos e reflexións ecofeministas de cada persoa participantes, finalizando a experiencia cunha charla da experta en ecofeminismos Charo Morán. O resultado foi atopar e visibilizar recursos sinxelos para construír imaxinarios que nos representan.

Web | Instagram | Contacto

Ecofeminismo: Alternativas para un futuro xusto e sostible

O ecofeminismo xorde como resposta ás interconexións entre a opresión de xénero e a degradación do medio ambiente, recoñecendo que tanto as mulleres como a natureza son históricamente subxugadas e explotadas. Na actualidade, o cambio climático é unha das maiores ameazas para o planeta e as comunidades vulnerables, sendo as mulleres quen conceden maior atención aos problemas ambientais (RED2RED, 2020).

O cambio climático non afecta ás persoas por igual: as mulleres (especialmente en países en desenvolvemento), son particularmente vulnerables dada a súa maior dependencia dos recursos naturais para a subsistencia, e o limitado acceso a dereitos e recursos económicos. 

O 80% de refuxiados climáticos son mulleres, sendo elas as mais prexudicadas polas temperaturas extremas e os desastres naturais. As perspectivas de futuro indican que a situación empeorará. (Willem, 2019).

Según Puleo (2011), o ecofeminismo promove unha relación de respeto e coidado cara o entorno natural, e procura cuestionar e transformar as estruturas patriarcais e capitalistas. As alternativas ecofeministas céntranse na construción de sociedades máis xustas, sostibles e equitativas, a través de:

  1. Xustiza climática feminista: Loita pola mitigación e adaptación ao cambio climático dende a perspectiva de xénero e xustiza social. As mulleres son axentes clave e promove a súa participación activa na toma de decisións.
  2. Movementos de resistencia e defensa territorial liderados por mulleres: As mulleres organízanse para protexer os seus territorios, cultura e forma de vida, defendendo os dereitos humanos e a preservación dos ecosistemas.

O ecofeminismo convídanos a repensar as nosas formas de relacionarnos coa contorna natural e entre nós, recoñecendo a interdependencia entre as loitas pola xustiza de xénero e a xustiza ambiental. A través destas alternativas, podemos construír un presente e futuro máis digno para as persoas e para o planeta. 

Transformación social mediante a arte

A arte é unha poderosa ferramenta para promover a conciencia e o cambio social. Nesta experiencia, a arte permite explorar e cuestionarnos as estruturas patriarcais e capitalistas, que perpetúan desigualdades e danos á natureza.

As expresións artísticas poden despertar empatía, sensibilidade e fomentar a reflexión crítica. Ademáis, a arte é unha plataforma para amplificar voces das comunidades afectadas polo cambio climático e as inxustizas sociais.

A arte, por sí soa, non pode lograr cambios substanciais. Debe estar respaldada por accións concretas e políticas transformadoras. A arte pode ser un catalizador, pero precisamos traducir a inspiración en medidas tanxibles. Estas poden ser desde pequenos hábitos individuais ata movementos sociais. A combinación da expresión artística coa movilización social e os cambios estruturais permítenos avanzar cara un futuro máis inclusivo, sostible e digno, tal e como promove o ecofeminismo.

Encontro ecofeminismo e arte

Animamos ás persoas a participar nun encontro de ecofeminismo e arte cunha obra artística (escultura, fotografía, pintura, video, ...). Este encontro realízase na Morada, unha cooperativa feminista en Vigo. 

O obxectivo é compartir os procesos de creación e reflexionar xuntas sobre temas que nos atravesan, como a xustiza social, o cambio climático ou o feminismo. Ademais, convidamos a Charo Morán, especialista en educación ambiental, educación para a transformación social e ecofeminismos, para acompañarnos a fundamentar e xerar novas visións.

O encontro difundiuse por redes sociais a través de cartaces.

Cartaz charla Cartaz Convite