O importante é participar!
A experiencia aspira a fomentar a participación do estudantado de Educación Social e Pedagoxía na USC, e aplicar estas prácticas participativas no seu futuro profesional para a consecución do ODS 4: Educación de Calidade.
O 67,7% da nosa facultade participa só cun rol pasivo
Fixemos un traballo de investigación a través dunha enquisa elaborada por nós, coa que atopamos datos relevantes para coñecer a nosa realidade na Facultade de Ciencias da Educación da USC:
- O 61,3% da nosa facultade pensa que o nivel de participación da nosa sociedade é de 5 ou menos sobre 10.
- O 56,5% indica que o nivel de participación da nosa facultade é de 5 ou menos sobre 10.
- O 61,2% considera o seu nivel de participación persoal maior de 5
En canto ás formas de participación atopamos que o 67,7% participa de xeito pasivo e o 52,5% cunha perspectiva curtopracista. Ademais, 73,3% considera que a sociedade lle dá pouca ou ningunha importancia á participación.
As temáticas máis chamativas para o estudantado da facultade foron a diversidade sexual e de xénero, a educación ambiental, os dereitos humanos e os activismos. Tamén consideran que os principais obstáculos para a participación son a falta de tempos libres, a falta de información e de formación ao respecto.
Doutra banda, a través dunha revisión documental descubrimos que segundo o Estudo de Participación da Mocidade Galega (2020-2021) o 61% da mocidade galega participa só de xeito puntual. Tamén atopamos que as persoas maiores son, na actualidade, o principal motor dos movementos sociais debido á súa dispoñibilidade de tempo e aos seus saberes (Estudo sobre a participación nas persoas maiores).
Estudo participación mocidade Resultados Enquisa 1 Resultados enquisa 2Realmente participar é educar?
Tendo en conta a gran cantidade de beneficios que aporta a participación ao desenvolvemento persoal e comunitario, por que non está máis presente na educación, tanto regrada como non regrada da nosa Facultade?
Dende a crise sanitaria polo Covid-19 e a falta de presencialidade nos espazos da nosa facultade, houbo unha grave fenda xeracional que deixou ás novas xeracións sen referentes, sen coñecemento das metodoloxías utilizadas para a defensa dos nosos dereitos e sen redes de apoio e contacto. Esta situación, sumada á tendencia que ven dende fai uns anos de decadencia das accións participativas e de socialización no propio centro de estudos, fixo que as poucas iniciativas autoxestionadas polo estudantado remataran coa corentena.
O contexto no que se encadra esta realidade é tamén complexo, a burocracia e a falta dun sentimento de pertenza á comunidade universitaria fan que non se conciban estes espazos como lugares onde participar. De feito, na enquisa que fixemos, moita xente facía referencia a que para unha maior participación só era necesario facer as clases máis dinámicas ou ser representante de estudantes, pero... é a participación só unha metodoloxía pedagóxica máis? A participación só pode ser institucional?
Nós pensamos que non, e que o concepto de participación, de tanto usalo para describir o que non é, perdeu o seu sentido, e debemos recuperalo. Faltan referentes, falta comunicación interxeracional entre os diferentes cursos e entre os diferentes graos da Facultade, falta motivación, tempo e estabilidade... Pero aínda queda xente que pode enfrontar estas problemáticas e promover novas formas de vivir a universidade e as nosas profesións.
ÁrboreUnha exposición histórica: a protesta estudantil na USC
A partir das reflexións da fase analítica, decidimos poñernos en marcha e atallar a principal problemática que víramos: a fenda xeracional e falta de referentes.
A mellor idea que tivemos para este desafío foi construír unha exposición con fotografías das protestas máis importantes da historia democrática da USC. Así, o estudantado que a vise podería tomar como referentes a aquelas persoas que están nas fotografías, e inspirarse nas súas formas de loita para loitar no presente.
Tamén deixamos un apartado no que as visitantes podían aportar a súa parte á exposición respondendo á pregunta: E ti como participas?
Ademais desta acción, decidimos facer dúas visitas guiadas, nas que puideramos profundar nos contidos da exposición e animar á participación das asistentes.
Dossier Exposición Visita Guiada