Investigamos sobre a saúde mental
A experiencia pretende afondar nos coñecementos sobre saúde mental que teñen as alumnas participantes, tendo en conta o seu futuro próximo como técnicas en farmacia e parafarmacia, para acadar o ODS 3 : Saúde e Benestar. Afondouse sobre a saúde mental a nivel educativo, laboral e social (a través do contacto e da sensibilización cos e coas pacientes nas oficinas de farmacia).
A 9 de cada 10 persoas gustaríalles recibir información sobre saúde mental
O grupo de traballo fixo unha investigación sobre a información/necesidade dos coñecementos sobre saúde mental, posto que é un tema de actualidade que preocupa á mocidade; por iso, o grupo decidiu investigar sobre este tema a través de diferentes tipos de investigación:
Por unha banda elaboramos unha enquisa (na que participaron 200 persoas, entre alumnado do centro escolar, amizades e familiares) onde atopamos datos moi relevantes:
- O 92,5% afirman que lles gustaría recibir máis información sobre saúde mental
- O 56,9% considera que a saúde mental é tan importante como a física
- O 72,5% considera que non ten os coñecementos axeitados sobre saúde mental
Fíxose unha revisión semanal das notas de prensa (tanto escrita como dixital) relacionadas coa temática da investigación.
Analizáronse diferentes pezas audiovisuais (como películas e curtametraxes) coa finalidade ver como e canto de visibilizado está este tema neste eido.
Realizouse unha entrevista con cuestións de interese a unha profesional sanitaria.
Luces 01A saúde mental, canto sabemos?
Para poder desenvolvernos axeitadamente no noso futuro traballo como técnicas de farmacia e parafarmacia, non é suficiente con recibir información de xeito superficial: a procura ten que ser activa e analizada dende as nosas inquedanzas.
Para desenvolver esta parte da experiencia leváronse a cabo varias dinámicas que nos permitiran localizar as diferentes problemáticas sociais (principalmente análise de noticias de prensa e valoración da importancia de diferentes problemáticas do eido da saúde, para con este paso; decidir sobre que aspecto queríamos traballar). No debate apareceron diferentes temas que nos preocupan como adolescentes, e como futuras técnicas en farmacia, pero a saúde mental pareceunos a máis interesante posto que tivemos ou temos preto casos no que esta parte do benestar global está comprometida.
Finalmente, e a través dunha choiva de ideas, buscamos as accións que se poderían levar cabo para desenvolver e poñer en valor o tema que nos preocupa.
Chuvia de ideas Chuvia de ideas 1Xornada de promoción da saúde mental na rúa
Con todo o traballo feito saímos a un espazo público para dar a coñecer os resultados do noso traballo e poñer en valor os coñecementos sobre saúde mental que consideramos máis relevantes. Realizamos esta intervención no edificio da UDC, Xoana Capdevielle; e na entrada do edificio colocamos o mural cos resultados obtidos e unha ruleta de cores para que toda persoa que quixera puidera xogar con nós.
Cada unha de nós tiña asignada unha cor na ruleta, e unhas preguntas asociadas que lle fixeron ás persoas que se interesaran pola nosa iniciativa. As preguntas foron sinxelas, pero fixeron que moitas das persoas que participaron se pararan a pensar e debater con nós. Algunhas das preguntas que fixemos foron:
- O nivel socioeconómico afecta á saúde mental?
- Coñeces algún tipo de enfermidade mental?
- Un trastorno mental é incurable?
A tarde de sensibilización resultou moi interesante porque moitas das persoas que estaban la biblioteca e se pararon con nós eran da idades similares ás nosas o que fixo que lles resultara un tema de interese, ademais para nós foi moi interesante poder poñer en práctica unha das competencias do noso futuro traballo, a educación para a saúde.
Ruleta Xogo Mural