Hermano Migrante ¡no te dejes engañar!

2023

Universidad Nacional Autónoma de Honduras Tecnológico de Danlí

ODS02 Fame Cero

"Hermano Migrante ¡no te dejes engañar!" foi unha campaña informativa desenvolta por un grupo de estudantes de enfermería do Centro Regional Universitario de Danlí UNAH-TEC-Danlí en Honduras, para evitar que persoas migrantes sexan vítimas de estafa. O obxectivo da campaña centrouse en orientar ás persoas migrantes en tránsito pola Región Oriental de Honduras, incidindo na alerta con respecto ao transporte e á alimentación.

O contexto da migración irregular na zona oriental de Honduras

As estatísticas do Instituto Nacional de Migración amosan que a fronteira de Oriente de Honduras (colindante con Nicaragua), converteuse nun territorio de tránsito de migrantes, procedentes de Sudamérica e o Caribe, en condicións de vulnerabilidade.

Se entiende como el país de tránsito el “país a través del cual pasa la persona o el grupo migratorio hacia su destino” (OIM, 2006, p. 50).

Seguindo o informe “Experiencias Vividas por Migrantes en Tránsito por Honduras con una mirada especial a la Infancia” (ACH y FLACSO Honduras, 2022), Trojes e Danlí, os territorios de tránsito experimentan novas dinámicas no comercio informal, aumentando un mercado de bens e servizos a partir das necesidades das persoas migrantes.

Segundo o Comisionado Nacional de los Derechos Humanos (CONADEH), as persoas migrantes son vítimas de abusos como "cobros excesivos no transporte e nas pulperías (tendas de abastos)". Esta situación comprobouse a través de entrevistas realizadas a migrantes en tránsito (abril-mayo 2022) que expresaron que non só en Honduras se atoparon con prezos excesivos en transporte e alimentación, senón tamén nos países anteriores. Tamén expresaron que en Honduras sentiron mais seguridade en comparación con outros países da súa travesía. Honduras aprobou no ano 2022 un decreto lexislativo que exonera ás persoas migrantes do pago de multas administrativas por ingresar no país de forma irregular.

Micro experiencia Texto Extenso

Condición de persoas migrantes en tránsito por Danlí, o paraíso de Honduras

As principais ideas debatidas para realizar a campaña "Hermano Migrante ¡no te dejes engañar!" foron produto das entrevistas realizadas, as declaracións de CONADEH nos medios de comunicación, e a observación.

A experiencia migratoria coloca ás personas en situación de alto grao de vulnerabilidade. Estas persoas atopan axuda humanitaria no camiño (organizacións que proporcionan orientación, comida, medicamentos e albergue), pero tamén atópanse con persoas que sacan proveito da súa situación de vulnerabilidade, estafándolles con cobros excesivos. Así mesmo, danse situacións de discriminación e xenofobia nos países de tránsito.

Ante esta situación, as e os estudantes de enfermería realizaron accións concretas para orientar ás personas migrantes en tránsito, alzando a súa voz para que institucións e autoridades reaccionen ante esta problemática en detrimento dos dereitos humanos.

Campaña informativa

O alumnado da carreira de enfermería do Centro Tecnológico de Danlí da Universidad Nacional Autónoma de Honduras (UNAH-TEC Danlí), encabezou a campaña informativa co obxectivo de orientar ás personas migrantes que permanecen na rexión, alertar á poboación para evitar que sexan obxecto de estafa.

"Hermano Migrante ¡no te dejes engañar!" é unha campaña informativa que consiste na instalación de rótulos vistosos e entrega de volantes cos prezos básicos aproximados de cada servizo, en dólares. Instaláronse 12 rótulos en diferentes puntos estratéxicos da cidade (albergues, oficina de migración, monumento á nai, Parque Central e terminal de autobuses). Ademáis, entregáronse arredor de 300 volantes, cunha listaxe de prezos básicos.

A campaña publicitouse nas páxinas de Facebook da UNAH, presenza universitaria, canle 11 e canles locales de Danlí. O obxectivo é o de xerar conciencia e solidariedade cara as persoas migrantes. 

Os medios de comunicación locais e as redes sociais fixéronse eco da campaña, aplaudindo a acción por parte do estudantado, e fixeron viral a lenda de prezos, uníndose en solidariedade e repudiando as estafas.

Por outra parte, a venda ambulante e transportistas non tomaron a ben esta acción, e procederon a quitar algúns rótulos, sobre todo os instalados en terminais de autobuses. 

O gran logro da campaña é a permanenza dos rótulos instalados en parques e oficinas de migración. Ademais, a iniciativa motivou a outras institucións a dar continuidade a este pequeno pero significativo proxecto. 

Carteleria Rótulo Volantes Rotulo 1