Agulla máxica

2023

Ágora

ODS05 Igualdade Xenero

Partindo de pezas de roupa e tecidos reciclados realizáronse obradoiros para darlles unha segunda vida, realizando traballos de bordado coa técnica da agulla máxica, creáronse  pezas únicas, reconvertidas en arte. Esta práctica estimula o cerebro, axuda a relaxarse e diminúe o estrés, a través do traballo na confianza, o esforzo, a paciencia e autoestima.

Facebook

Arte textil, segunda vida

Dar unha segunda vida á roupa, xa sexa como peza de segunda man ou reconvertida noutros produtos, converteuse en algo imprescindible para asegurar a sustentabilidade do planeta tras a eclosión da “fast fashion” ou moda rápida, que, polos seus baixos prezos, convida a “usar e tirar”. Desde o ano 2000, duplicouse a produción de roupa e estímase que máis da metade da moda rápida tírase en menos dun ano, acabando o 73 % en entulleiras ou incinerada, segundo Greenpeace, que denuncia que para producir uns vaqueiros úsanse 7.500 litros de auga, o equivalente ao consumo dunha persoa durante 7 anos.

Segundo a Asociación Ibérica da Reciclaxe Téxtil, en España cada persoa tira ao ano entre 12 e 14 quilos de roupa, dos que entre 1,5 e 2,5 acaba na entulleira, onde as fibras tardan décadas ou mesmo centos de anos (poliéster), en degradarse. Conscientes deste problema, é importante anticiparse á Lei de Residuos Urbanos, que obrigará á industria a financiar o tratamento destes residuos en 2025.

A industria téxtil supón o cuarto mercado con maior impacto no cambio climático, por baixo da alimentación, o sector inmobiliario e os transportes e, segundo a Unión Europea, a roupa é o terceiro produto máis consumido, por detrás da auga e a utilización do chan.

A sociedade actual enfróntase ao reto de crear unha contorna máis sostible, tratando de garantir o equilibrio entre o crecemento económico e o benestar social. Temos que promover iniciativas que teñan como obxectivo apoiar a economía circular e promover un estilo de vida máis sostible. 

A agulla máxica é unha iniciativa focalizada a concienciar sobre a importancia da economía circular e a redución, reutilización e reciclaxe de pezas, que van desde a súa transformación ata a sustentabilidade. O obradoiro consiste en transformar un resto téxtil nunha peza de roupa nova, ou pezas de arte, participando como axentes activos na aposta pola economía circular.

Elas, coa súa arte, constribúen ao benestar das súas vidas e a manter un mundo máis sostible

Vestirse pode ser sostible e sustentable. Co noso obradoiro da agulla máxica non só damos unha segunda vida a todas as prendas ou teas, converténdoas en pezas únicas e pezas artísticas á moda, senón que tamén contribuímos a favorecer o benestar e calidade de vida. Tecer é unha actividade que se pode continuar practicando ata moi avanzada idade. É unha actividade social, que ademais axuda a superar o illamento e a soidade dalgunhas persoas, factor que tamén se incrementa coa idade. É unha habilidade que se pode continuar aínda se a vista e a forza se ven reducidas.

A finalidade de estes obradoiros é educar e aprender a darlle oportunidade á muller rural a crear e realizar traballos de utilidade cotiá ofrecendo unha formación en desenvolvemento sostible e educación no medioambiente. A técnica é moi sinxela, polo que calquera participante acada moi rápido o manexo da ferramenta e é quen de facer traballos moi fermosos.

A técnica da agulla máxica, como outra actividade relacionada co bordado, ten beneficios psicolóxicos e sociais significativos que poden contribuír ao benestar e calidade de vida.

Peza01 Peza02 Peza03 Peza04 Peza05

Deseñamos o noso roupeiro reciclable, reciclado e circular

O obradoiro desarrollouse en tres fases

  1. coñecemento da agulla: desmontar, montar e enhebrar, cambiar agullas según cada traballo a levar a cabo, seleccionar o fío, seleccionar o texido, axustar bastidores e practicar en diferentes telas, tamaños e texturas
  2. aprender a punzar e practicar
  3. realizar o traballo para darlle unha nova vida a roupa, complementos, mobles e obxectos con imaxinación e creatividade

Realizáronse dous obradoiros nos que participaron máis de 30 persoas, a maioría mulleres, de todas as idades. Con unha asistencia de dous días por semana de dújas horas cada día durante dous meses. A técnica de manexo é moi sinxela, pois consiste en “debuxar” sobre a tea ou peza de roupa cun punzón. Non hai dúas pezas iguais, pois, a través das puntadas, cada artesán borda o seu propio universo. Por iso acaban sendo verdadeiras obras de arte.

O material que precisamos: tea ou peza de roupa, bastidor para suxeitar a tea, agulla máxica con enhebrador, fío perlé, tesoiras.

O remate do obradoiro realizouse unha exposición coas obras resultantes.

Exposición