De onde vén a nosa roupa?
O alumnado de 3º de ESO do IES Fonmiñá levou a cabo unha investigación sobre o consumo do téxtil, adicaron unha parte importante do curso a traballar xeografía económica, centrándose na globalización e na sociedade de consumo, e afondando nas súas causas e consecuencias. Doutra banda traballaron o sector téxtil en Galicia nos últimos anos, visualizando e reflexionando sobre o filme “Fios fora”. Por último, o alumnado realizou un primeiro contacto co activismo, por medio das redes sociais.
Os e as consumidoras mercamos un 60% máis de roupa que hai 20 anos
Nos últimos tempos o consumo de téxtil disparouse, polo que nos propuxemos afondar no coñecemento sobre como se produce a roupa que vestimos diariamente, e cal é o impacto que ten nos espazos de produción e nas persoas que traballan producindo a roupa que vestimos. A produción de téxtil barata está vinculada a un modelo de produción cun nivel moi alto de contaminación e explotación laboral, fundamentalmente de mulleres e nenos, e finalmente termina convertíndose nun problema de xestión de residuos.
O alumnado, organizado por grupos, procurou información sobre estes temas, lendo e compartindo estes artigos: hábitos da mocidade no consumo de roupa low cost; o basureiro do mundo, en Chile; a industria do algodón que tragou un lago; oito anos do derrumbe do edificio Rana Plaza; consumo responsable.
Algúns datos que recabamos:
-Impacto mediambiental: é a alteración do medio ambiente provocada directa ou indirectamente pola acción do home ou natureza. Algúns dos exemplos cos que traballamos son:
- A URSS provocou que o mar de Aral se reducira ao seu 10% por utilizar a sua auga para regar as plantas, para as explotación de algodón.
- O deserto de Atacama vese como un vertedoiro porque acábanse desbotando unhas 39 toneladas de roupa.
- Shein non fixo ningún esforzo por intentar reducir as emisións de sustancias químicas perigosas. Utiliza poucos materiais ecolóxicos. Non ten unha política para reducir os impactos dos microplásticos.
-Impacto social: é a consecuencia dunha determinada acción na comunidade. Algúns dos exemplos cos que traballamos son:
- En 2013, en Rana Plaza (unha empresa das aforas de Dhaka (Bangladesh) de producción textil) colapsou, deixando 1.134 cadáveres e máis de 2.000 feridos. A difusión mundial da catástrofe obligou a cambiar as políticas das marcas.
- Moitos traballadores teñen un saldo mínimo e unha xornada longa.
- Un problema moi importante que hai que ter en conta é como impacta no noso benestar, e temos que saber como controlalo, porque podese chegar a ter consecuencias mais malas, como por exemplo, coller ansiedad ou TCA por non gustarnos a nós mesmos e intentamos solucionar os nosos problemas comprando.
Que procuramos os mozos e as mozas cando mercamos unha prenda de roupa?
Nun momento tan complexo como a adolescencia, é importante analizar: que buscamos cando compramos unha prenda nova? A vinculación do benestar emocional coa imaxe, ou co noso nivel de gasto, aumenta as nosas inseguridades. Traballar este tema permitiunos crear un espazo de reflexión persoal sobre os nosos valores e pautas de coidado e benestar emocional.
Falamos tamen do sistema de publicidade e a presión constante para aumentar o noso consumo dende a publicidade directa, as redes sociais, os avisos das aplicacións... e falamos sobre a presión das grandes marcas e as redes sociais para mostrar corpos perfectos, a sensación de felicidade que temos cando mercamos algo novo e o efimera que é, que nos mete nunha roda na que seguir mercando... os riscos que corremos ao valorar a alguen polo seu aspecto.
Non debemos basar a nosa felicidade en mercar roupa que non vamos precisar, ademais non debemos fixarnos nos corpos das modelos xa que cadaquen ten un corpo e non todos somos iguais. Podemos buscar outras actividades de ocio que non xeren problemas na nosa economía e nas vidas dos traballadores explotados.
Para acompañar as reflexións, xeramos unha presentación con preguntas clave, que se pode ver nos anexos.
Preguntas para reflexionarCorremos a voz entre os nosos contactos
A acción consistíu na publicación nas redes sociais, por parte de cada alumno e alumna, dunha mensaxe que conciencie aos seus seguidores e seguidoras sobre o problema do consumo téxtil, ou as reflexións levadas a cabo na clase. Cada un e cada unha de nós construímos a sociedade, e tomar un papel activo é unha oportunidade que nos permite iniciarnos no activismo.
Colgaron na rede datos impactantes e solucións a un problema neste caso o consumo na industria téxtil e como nos afecta a nós e aos países produtores, con todo isto os alumnos e alumnas o que buscaban era darlle visibilidade e concienciar aos seus seguidores sobre un problema tan grande e con tan pouca visibilización.
Nestas publicacións tratase de buscar unha solución, un movemento de acción ou ambas cousas.
Podedes ver algunhas imaxes compartidas nos anexos.
Publicación redes 1 Publicación redes 2 Publicación redes 3 Publicación redes 4 Publicación redes 5 Publicación redes 6 Publicación redes 7 Presentación Micro Experiencia