Acampa pola paz e o dereito ao refuxio

2022

Acampa pola Paz e o dereito ao refuxio

ODS16 Paz, Xustiza e Institucions

Acampa é un movemento que pretende crear unha rede de información, intercambio de ideas e iniciativas arredor do Dereito ao refuxio e os Dereitos Humanos. Anualmente desenvolve encontros cidadás contando coa participación das vítimas, das ONGs e de periodistas entorno ao fenómeno das migracións, nos que se sensibiliza á poboación a través de eventos artísticos e recréase un campo de refuxiados, para poder comprender mellor as causas e as consecuencias das guerras

Web | Facebook | Instagram

A nosa sociedade ten unha alta exposición a narrativas contra as persoas migrantes

Tras a chamada “crise migratoria” ou “crise dos refuxiados” nas fronteiras europeas e o Mediterráneo no ano 2015, a migración converteuse nun tema de gran cobertura mediática e clave de fortes campañas de desinformación. Non tardou en crease, máis ben agravarse, un discurso anti – migración na sociedade española e europea, fortalecido por discursos mediáticos que presentan continuamente ás persoas migrantes e refuxiadas como un risco sanitario e de seguridade, como unha ameaza á riqueza e identidade do país (European Policy Centre, 2020). Segundo a OIM, en 2015 unha maioría en Europa (52%) mostrábase favorable a unha míngua da inmigración.

Intermón Oxfam recolle no seu Barómetro de la Desinformación y los discursos de odio frente al migrante o alto nivel de exposición da sociedade española a narrativas contra as persoas migrantes. Segundo datos do CIS del 2016, o 26,7% da poboación consideraba unha presenza excesiva de persoas inmigrantes, e o 31,7% tratáballes con desconfianza.

Ademais, os espazos de reflexión crítica que promoven unha concepción da migración como un dereito humano, con información ampla sobre a problemática e con voces en primeira persoa resultan escasos e pouco atractivos para a sociedade.

Barómetro Desinformación Barómetro Desinformación 2

¿Cómo podemos enfrontar o aumento dos discursos xenófobos?

A persistencia dos discursos mediáticos que vinculan continuamente ás persoas migrantes coa inseguridade, ameazas contra a sanidade ou a economía, e a falta de discursos alternativos con información crítica e humana sobre a realidade migrante produce, sen dúbida, un aumento dos discursos xenófobos e de odio.

Neste contexto, un grupo de persoas de distintas ONGs e sindicatos agrupados dende o 2016 baixo a plataforma “Coruña contra a guerra” constataron que o poder de convocatoria nas accións e manifestacións comezaba a perder forza. Neste punto propúxose repensar os obxectivos da organización, enfocándose a difundir a importancia e a urxencia da defensa dos dereitos humanos, e priorizar a achega de información crítica á poboación da Coruña, fronte a outros discursos.

Combatir la desinformación

Organizamos os encontros anuais internacionais de Acampa pola paz e o dereito ao refuxio

Así xorden os Encontros de Acampa pola paz e o dereito ao refuxio, impulsados pola Rede Acampa, esta iniciativa cidadá sen fins de lucro creada no ano 2016 e integrada por 59 colectivos sociais, culturais, educativos, vecinais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de instituciones, e de empresas con responsabilidade social. O obxectivo destes encontro é o de defender os Dereitos Humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito ao Refuxio, a través de diferentes accións de sensibilización concentradas anualmente, dende o 2017, nos Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña. 

Estes encontros, organizados por persoas voluntarias e cunha duración de 3 días, pretenden brindar información de primeira man, das persoas convidadas aos encontros, que son vítimas, expertos e expertas, periodistas, profesionais da fotografía, etc. Nos encontros prepáranse exposicións fotográficas nacionais e internacionais, acompañadas dunha simulación dun campo de persoas refuxiadas (con visitas guiadas), para que as persoas que se achegan poidan percibir mínimamente as implicacións materiais e psicolóxicas de ter que vivir con estas características. Así mesmo, desenvólvense conferencias e mesas de debate con responsables de colectivos que traballan a diario con esta realidade. Son espazos nos que a sensibilización e a formación teñen teñen unha incidencia política directa. 

Dende o ano 2017, os encontros céntranse nunha causa específica de refuxio: no 2018 abordouse o refuxio por cambio climático; no 2019 centrouse nas mulleres refuxiadas; no 2020 e 2021 no refuxio por expolio, e no 2022 no refuxio por fame.

Estes encontros convertéronse nunha experiencia replicada simultáneamente nos últimos anos, en Brasil e en Madrid