Violencia silenciada: 25N
Por mor do 25 de novembro, Día internacional contra as violencias machistas, as persoas usuarias do Centro de Día para Persoas con Discapacidade de Pontevedra (COGAMI) traballan nunha temática concreta: os “micro”machismos. Dentro dun contexto socioeducativo, identifican os diferentes micro - machismos e realizan unha montaxe de carteles con contido reivindicativo.
As actitudes dunha sociedade machista
Coñécense como micromachismos ao conxunto de actitudes, comportamentos e crenzas naturalizadas e aceptadas socialmente que pasan desapercibidas, mais funcionan como combustíbel para perpetuar as desigualdades de xénero e o dominio do masculino sobre o feminino. Utilízase “micro” non pola pouca repercusión senón porque a pesar de ser un tipo de violencia esta é sutil e silenciada.
Podemos atopar as seguintes categorías de micromachismos: micromachismos coercitivos, micromachismos utilitarios, micromachismos de crisis e micromachismos encubertos.
Plantándolle cara á sociedade patriarcal
Os avances son lentos contra a erradicación das violencias machistas. Malia iso, é tarefa de cada persoa poñer atención nos actos da vida cotiá para cambiar a percepción sobre os roles de xénero, para loitar contra os estereotipos de xénero e para comprometerse cunha sociedade encamiñada cara a igualdade e a eliminación da violencia.
Realizamos un traballo de toma de conciencia sobre esta problemática desde un punto de vista teórico (que na fase de acción levamos á práctica).
Dentro da parte teórica:
- Recoñecemos e analizamos as categorías nas que se enmarcan os micro machismos.
- Reflexionamos desde a nosa experiencia: ¿que son os "micro" machismos para nós e que efectos teñen tanto na - sociedade coma no noso entorno máis cercano?
- Expoñemos exemplos de actitudes e comportamentos que vivimos e aceptamos no día a día.
- Nun documento realizamos unha síntese de toda a información aportada e engadimos algunha nova tras unha pequena investigación
Guia identificación violencia de xéneroElaboramos e expoñemos carteis
A parte práctica desta micro – experiencia consistíu en sensibilizar sobre a problemática da violencia de xénero: tomando como punto de partida o traballo teórico, decidimos facer uns carteis, para o que empregamos diferentes webs e programas de deseño gráfico. Para facer os cartaces se acotan lemas, se procuran imaxes e se contextualiza a temática dentro dun deseño. Uns días previos ao 25N expóñense os carteles nunha zona visible.
Cartel 1 Cartel 2 Cartel 3 Cartel 4