En defensa das vidas e liberdades das mulleres

2022

Mujeres Creando

ODS05 Igualdade Xenero

O 7 de marzo de 2022 partiu a marcha convocada por Mujeres Creando ata as portas do Tribunal Departamental de Xustiza de Bolivia, co obxectivo de que o Presidente do Estado Plurinacional de Bolivia responda á petición de revisión de centos de casos de mulleres vítimas de violencia machista, e exixir cambios contra a impunidade dos agresores

Web | Facebook | Instagram

Recabamos casos de impunidade machista en Bolivia

En xaneiro do 2022, o caso de Richard Choque na cidade de El Alto, Bolivia, feminicida reincidente que recoñeceu violar a máis de 70 mulleres e asasinado a 3, puxo o foco na impunidade ante casos de violación e feminicidio.

Para recabar mais datos sobre casos coma este, nos que a pesar de ter unha sentencia, o feminicida ou violador está en liberdade, Mujeres Creando habilita un número de teléfono, o teléfono da esperanza, atendido por compañeiras do movemento, para que vítimas e familiares de casos destes casos chamasen e presentasen a documentación da que dispuñan. Este número estivo activo todo o mes de febreiro, todos os días da semana entre as 8 e as 20h, en colaboración con 5 entidades do país.

Segundo os datos recabados, en tan só un mes por este número, en Bolivia hai máis de 100 casos de violadores e feminicidas que, aínda con sentencias firmes, están en liberdade total ou domiciliaria.

Teléfono da esperanza

Todo feminicida e violador pode reincidir cando ten impunidade

Nestes casos, revisados un a un polo equipo de Mujeres Creando, demostran un problema coa xustiza boliviana. Comprobouse que, aínda con sentencia firme contra un feminicida ou violador, hai xuíces e fiscais que os benefician con liberdade domiciliaria ou total.

Identificáronse distintas formas de abusos de poder e neglixencia que fan que as mulleres non obteñan xustiza, entre outras: a posta en liberdade dos sentenciados, a perda ou venda de probas á parte culpable, ou a falta de fiscalías e xulgados.

Lema

Vixilia para exixir justiza

Mujeres Creando convocou unha marcha o 7 de marzo para exixir xustiza. Partiu dende Faro Murillo e con pancartas e fotografías dos violadores e feminicidas en liberdade, asi como dos xuíces e fiscais que o permitiron. As mulleres chegaron ao Tribunal de Xustiza de La Paz, onde se asentaron mais de 100 mulleres de todo o país, mantivéndose unha vixilia de 24 horas ás portas do Tribunal, exixindo ao Goberno Boliviano que se revisarase de forma urxente todos os casos recollidos. Esta petición plasmouse nunha carta dirixida ao Presidente do Goberno e Presidente do Senado.