Facémonos responsables da nosa forma de mercar

2022

IES Fernando Wirtz

ODS01 Fin Pobreza, ODS02 Fame Cero, ODS08 Traballo Decente Crecemento, ODS10 Reducion Desigualdades

O alumnado de 1º de ESO organiza un mercado solidario nas datas de Nadal, para recadar fondos destinados ao Banco de Alimentos, e informar á comunidade educativa dos presupostos do Comercio Xusto e o consumo responsable. Quixemos desenvolver estas accións despois de decatarnos do estilo de consumo que desenvolvemos nestas datas, aportando alternativas máis xustas e conscientes

Web | Instagram

O 80% do alumnado do IES recibe máis de 8 agasallos no Nadal

Esta micro experiencia de transformación social ten como punto de partida a lectura do conto Vacío da autora Anna Llenas. Lemos a historia na clase para provocar unha reflexión sobre o consumismo da nosa sociedade e as súas causas. A través das lúcidas ilustracións, o alumnado puido entender a idea de que as veces consumimos para tapar o sentimento de baleiro ou tristura, e comprenderon que, ás veces, mercar cousas funciona coma un tapón para o noso pesar.

A continuación realizamos unha enquisa na escola sobre a cantidade de agasallos que reciben os rapaces e rapazas nas datas de Nadal. Comprobamos que un 80% do alumnado entre doce e trece anos recibía máis de oito agasallos nestas datas. Traballamos entón o chamado “Síndrome do neno hiperregalado” buscando información, analizando os efectos que produce e a súa prevención.

Con estes hábitos de consumo somos responsables da inxustiza social

Para reflexionar sobre o noso xeito de consumir e de mercar, quixemos organizar dúas sesións coa ONG Solidariedade Internacional para cada un dos catro grupos de 1º ESO.

Na primeira sesión traballamos os presupostos do comercio xusto, que podedes atopar neste enlace. Na segunda sesión de reflexión pensamos cal é a nosa implicación nas desigualdades do mundo contemporáneo. Organizados por grupos, o alumnado puido analizar a procedencia e a información contida no etiquetado dos produtos que consumimos habitualmente para comprender mellor como as nosas decisións sobre o que consumimos afectan á organización do mundo.

DinámicaReflexión

Cambiamos os nosos hábitos de consumo para ser máis solidarios e solidarias

As accións realizadas centráronse en dúas propostas: informar á comunidade educativa dos presupostos de Comercio Xusto e organizar un mercado de agasallos propios de Nadal realizados polo alumnado.

Para informar á comunidade educativa realizáronse as seguintes actividades:

- Decoración da porta da Biblioteca cun árbore de Nadal no que cada un dos adornos contiña os obxectivos de desenvolvemento sostible.

- Colocación de carteis informativos sobre Comercio Xusto nos corredores do centro. 

- Realización dunha placa identificativa como equipo de voluntariado para o alumnado participante.

- Equipo de Voluntariado que percorreu todas as aulas do centro (ESO, bacharelato e ciclos formativos) para informar dos presupostos de comercio xusto e as tendas da contorna nas que mercar de forma máis sostible.

Para incentivar o consumo responsable e solidario realizáronse as seguintes actividades:

- Organización dun mercado de Nadal no que vendéronse artigos realizados polo alumnado de maneira totalmente artesanal. Traballouse con madeira , papel e tela para crear obxectos decorativos propios da decoración do nadal. 

- Entrega da recadación obtida ao Banco de Alimentos e charla informativa por parte do responsable desta organización sobre o seu complexo funcionamento.