Arzúa sen lixo

2022

IES de Arzúa

ODS04 Educacion, ODS13 Accion Polo Clima, ODS14 Vida Submariña

Nesta micro experiencia leváronse a cabo accións para concienciar a toda a comunidade educativa do IES de Arzúa sobre a importancia da adecuada recollida selectiva de lixo e de reducir a súa presencia

Queres un centro educativo así?

Fixemos un traballo de indagación en dúas liñas: problemática actual Global do lixo; e accións que se están levando a cabo a nivel Global para reducir o impacto do lixo nas nosas vidas.

Con respecto á problemática global, destacamos os seguintes datos:

  • 8 millóns de toneladas de lixo ao ano chegan aos mares e océanos
  • cada segundo, máis de 200 kilos de lixo van ao océano
  • existen 5 illas de lixo: unha no índico, dúas no atlántico e dúas no pacífico

Fonte: Ocean Conservancy 2016

Asi mesmo, consultamos o tempo de degradación do lixo na natureza, que oscila entre o papel (3 meses), as cascas de fruta (6 meses), as colillas (1-2 anos), a goma de mascar (5 anos), os plásticos (100 - 1.000 anos), ou o vidro (1.000 - 4.000 anos). Ademais, consultamos o informe #Plastívoros, que incluímos en anexos.

Ademáis, fixemos fotografías do noso centro para saber como se atopaba a contorna, e tamén consultamos as accións que se están levando a cabo a nivel Global.

Grazas ao traballo realizado nas luces, os alumnos e alumnas fomos conscientes de que:

- Xeramos un volume de lixo moi elevado

- Non tiramos o lixo nos contenedores axeitados

- Hai moito lixo nos espazos verdes do centro 

- Temos que aprender a reciclar mellor

Ocean Conservancy Degradacion Produtos Vida Biosfera Fotografías Contorna IES Accions Global Informe #Plastívoros

Ti tes que recoller para o planeta manter

Cando fomos conscientes de todo o lixo que xenerabamos como alumnos e alumnas no noso centro educativo fomos conscientes de que o noso estilo de vida é insostible. Vivimos nunha localidade Arzúa, que é pequena, o noso centros educativo é un centro medio, somos ao redor de 400 alumando/as e, se solo nós xeneramos ese volume de lixo, que pasará con centros educativos de grandes cidades?

O volume de lixo que xeramos no noso día a día debería facernos conscientes diso. Por iso, quixemos tomar accións que contribúan a minimizar a xeración de residuos, motivados e motivadas polo profesorado do centro, quixemos que esto fora o noso reto.

Desta idea xorde o movemento ‘Zero Waste’, ou ‘Residuo Cero’ baseado na regra das cinco erres: rexeitar, reutilizar, reducir, reciclar e 'rot' (compostar). Cinco erres, que no IES de Arzúa temos moi presentes.

Pelegrim Limpin: o noso centro, un centro sostible

Foron varias as accións que fixemos para conciencias e sensibilizar en ter un entorno do centro educativo limpo e incidir en que estes hábitos se interioricen nas vida do alumnado e do profesorado.

- Pratrullas compostas por toda a comunidade educativa

Exposición do lixo que recolleron as patrullas no recreo nas diferentes datas durante o curso escolar.

- Preparación de puntos de reciclaxe para poder facer unha boa recollida e selección de lixo

- Puxémonos en contacto con Pilabot e Eccopila, pondo dous contedores para almacenar baterías, enchéronse dous contenedorers, 173 Kg para poder reciclar.

- Visita ao Pino para coñecer o punto móbil de reciclaxe

- Darnos de alta en Recreos Residuo 0, promovendo as merendas de residuo 0.

- Trampas para insectos realizadas con material de refugallo

- Entregamos enchufes para fins solidarios

- Preparamos un obradoiro de reutilización de caixas de froita 

- Colocamos recipientes nos xardíns

Presentación Arzúa Sen Lixo