Afondando na industria láctea sostible

2021

IES Fonmiñá

ODS06 Auga Limpa Saneamento, ODS08 Traballo Decente Crecemento, ODS12 Producion Consumo Responsable

O alumnado de 3º de ESO do IES Fonmiñá levou a cabo unha investigación para achegarse e analizar o Selo PLS: Industrias lácteas sostibles. Xa que a nosa contorna (A Pastoriza) ten como principal actividade económica a produción leiteira, interesámonos por coñecer mais en profundidade este tema.

Web Facebook Instagram

Unha industria láctea sostible: para quen?

O selo de produto lácteo sostible (PLS) está promovido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e pola industria leiteira, que identifica a orixe da leite, e pretende promover a mellora das persoas que consumen ese produto.

A publicidade do selo PLS vincula á produción leiteira a imaxes de pastoreo ao aire libre e en liberdade, o coidado do gando, e pequenas familias produtoras, transmitindo ao público unha idea de produto lácteo vinculada a un produto ecolóxico e de produción familiar e tradicional.

A industria láctea é sostible...para a industria

Comezamos a reflexionar sobre que é o que fai que un produto sexa sostible. Revisamos distintos documentos sobre o tema, e chegamos á seguinte conclusión: para que un produto sexa sostible ten que ter consonancia entre a sostibilidade medio ambiental (produción limpa, sen contaminantes, a longo prazo), e a sostibilidade económica e social (garante de condicións de vida dignas).

Quixemos coñecer o sentir dos gandeiros e das gandeiras, se se senten representados nesta imaxe que traslada o selo, se son importantes na toma de decisións das empresas, ou mesmo no prezo do leite. Así, abordamos a relación entre os produtores e as produtoras gandeiras e a industria láctea. Nos últimos anos, as agrupacións de produtores denuncian prácticas abusivas das industrias, chegando a ser condenadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia por intercambiar información para controlar o mercado e coordinar prezos. 

O resultado é que, mentres nos últimos 20 anos o prezo da leite para a persoa que a produce segue sendo o mesmo, as industrias continúan subindo o prezo á leite.

Creamos contrapublicidade para unha industria láctea sostible para todas e todos

Sabendo da importancia da publicidade e das reflexións anteriores, definimos unha campaña de publicidade poñendo no centro aos produtores e ás produtoras. O alumnado analizou as imaxes la PLS, centrándose en que din os anuncios e que é o que interpretamos, para posteriormente modificar eses anuncios e convertelos nunha imaxe de denuncia.

A publicidade ten moitos elementos a analizar, mais neste caso escollemos centrarnos na visión que se quere trasladar dos gandeiros e das gandeiras, para así converter a publicidade leiteira nunha ferramenta de denuncia das relacións de abuso entre a industria da leite e os produtores e produtoras.

ContraPublicidade1 ContraPublicidade2 ContraPublicidade3 ContraPublicidade4 ContraPublicidade5 ContraPublicidade6 ContraPublicidade8