Mulleres Colleiteiras, recollida e xestión consciente de aceite usado

2026

Arquitectura Sen Fronteiras

ODS05 Igualdade Xenero, ODS08 Traballo Decente Crecemento, ODS10 Reducion Desigualdades

Cooperativa galega que dende 2011, realizan unha importante labor social e medioambiental mediante a inserción laboral de mulleres vulnerables na recollida e xestión sostible de aceites vexetais usados.

web | instagram | facebook 

Xustiza social e coidado ambiental: unha abordaxe dual.

Unha práctica tan común como a de verter o aceite usado polo fregadeiro supón graves consecuencias mediambientais. O motivo principal desta acción, moitas veces é o descoñecemento dos  efectos reais que pode ter. Neste sentido, estudos demostran que un só litro de aceite vexetal usado pode chegar a contaminar 40.000 litros de auga, o que é igual ao consumo doméstico de todo un ano, ademais de causar graves atrancos nas tubaxes e nas redes de sumidoiros urbanos. 

Por outro lado, os informes da EAPN Galicia, avisan de unha gran brecha na pobreza: existe unha clara feminización da mesma, sendo mais da metade das persoas en risco de exclusión social, mulleres. 

Tendo en conta que o 75% do aceite sen reciclar pertence ó ambito doméstico, onde as mulleres historicamente asumen todo o traballo, a abordaxe simultánea de ambas problemáticas resulta innovadora e efectiva.

A pobreza das mulleres nace da desigualdade Impacto medioambiental do aceite

A problemática da xestión do aceite doméstico e a desigualdade de xénero en Galicia.

Ante esta realidade, é necesario facer unha reflexión sobre os nosos hábitos cotiás. Moitas veces actúamos en automático e pola costume, pero é imprescindible reavaliar o por que das cousas e o impacto que poden ter na nosa contorna e cara ó futuro. A xestión do aceite vexetal no fogar é un claro exemplo de como un pequeno xesto pode crear consecuencias ecolóxicas graves pola falta de conciencia.

 Non podemos construír unha sociedade sostible se non temos en conta o noso medioambiente; pero é que ademais non podemos ter unha sociedade deste carácter sen ter en conta a xustiza social. 

 É importante reflexionar sobre a desigualade que existe na nosa comunidade. Moitas mulleres e colectivos vulnerables atópanse nunha situación de exclusión social e laboral que impide o seu desenvolvemento e exercicio dunha vida plena. 

Mediante a  concienciación e a corresposabilidade social podemos lograr unha realidade sostible e mais xusta para todos.

Recollida e xestión consciente de aceite usado a través do emprego digno.

Mulleres Colleiteiras é a primeira iniciativa autorizada, impulsada por mulleres en risco de exclusión ( gran parte gitanas),  para a recolección e xestión de aceite vexetal usado en Galicia.

A súa labor é principalmente a través da instalación de contedores urbanos,  e a recolección de aceite directamente de fogares, comunidades e restaurantes. Cunha media de 270 toneladas de aceite recollido no ano, o aceite recuperado pasa por un proceso para ser convertido en biodiesel, un biocarburante limpo que reduce o uso de enerxías fósiles.

Con este traballo conséguese evitar que millóns de litros de auga sexan contaminados, e grazas a inserción laboral de mulleres en risco de exclusión para levar a cabo esta labor, devólveselles á autonomía económica e dignidade laboral.

Dossier fotográfico