Laboratorio de diálogo
Un espazo de escoita, conversa e pensamento compartido que ensaia outras formas de ler o presente, complexizar a experiencia e ampliar o mundo común.
O diálogo como práctica de dereitos culturais
Vivimos nun contexto no que a palabra, a lexitimidade cultural e o acceso aos espazos de diálogo se distribúen de forma desigual. Segundo o Informe Mundial da UNESCO sobre Políticas Culturais 2025, aínda que as industrias culturais representan o 3,39% do PIB mundial, persisten importantes desigualdades en financiación, acceso e participación cultural. A Declaración de MONDIACULT (UNESCO, 2022) reafirma que a cultura es un ben común e un dereito humano fundamental, cuxo acceso non está garantido de forma equitativa. Fronte a esta realidade, entendemos a cultura como unha práctica viva, situada en no corpo, a memoria, a linguaxe e o territorio, en liña co informe “Invertir en la diversidad cultural y el diálogo intercultural” (UNESCO/OEI). Neste marco, abrir espazos de conversación compartida non é só fomentar o diálogo, senón tamén un acto de redistribución da palabra, a escoita e as condicións de participación na construción do común.
Tomar a palabra: dereito ou privilexio?
A distribución desigual da palabra non é un problema individual nin de vontade, senón o resultado de estruturas que determinan quen pode falar, en que espazos e con que lexitimidade. As súas causas son múltiples: barreiras históricas de acceso á educación crítica, modelos culturais que validan só certas formas de expresión e contextos -como o da migración— nos que a voz propia pode quedar suspendida entre distintos mundos, sen pertencer de todo a ningún. Cando non se garante o acceso a espazos de diálogo, empobrecese a vida común: pérdense perspectivas, experiencias e saberes que ningún relato dominante pode substituír. Fronte a elo, unha resposta posible é xerar espazos onde a palabra se practique de forma activa e horizontal, onde escoitar e ser escoitada teñan o mesmo valor, y onde a diversidade de miradas non sexa unha concesión, senón a condición mesma do encontro e a construción de sentido compartido.
Redistribuír a palabra: do diálogo virtual á acción comunitaria
O Laboratorio de diálogo naceu como resposta práctica a una pregunta concreta: como crear espazos onde a palabra circule de forma máis equitativa? A iniciativa se desenvolveuse en dúas fases e territorios distintos.
No contexto da pandemia, puxemos en marcha espazos de diálogo e clubs de lectura virtuais que reuniron a máis de 70 persoas lectoras de distintos países de América Latina. Nun momento de illamento e fractura social, eses encontros crearon un lugar común onde a literatura funcionou como detonador de conversación: as persoas participantes puideron compartir a súa voz, construír vínculos e recoñecerse en experiencias diversas. Para moitas, foi un dos poucos espazos onde súa perspectiva foi escoitada e valorada.
Posteriormente, a iniciativa estendeuse a Isla Fuerte, Colombia, onde desenvolvemos un piloto con máis de 20 nenas e nenos que tiveron acceso por primeira vez a un espazo de linguaxe creativo, literario e de conversación viva. O obxectivo era garantir que a palabra, a imaxinación e o diálogo non foran privilexios reservados a quen xa teñen acceso a eles, senón prácticas que poden sementarse en calquera territorio.
Ambas experiencias confirman que abrir espazos de diálogo ten un impacto real e medible: fortalece vínculos, activa voces que non adoitan ser escoitadas e contribúe a construír comunidade dende a diversidade.

