BagsUp: Segunda vida para materiais e persoas.

2026

Asociación Érguete, La Canalla

ODS04 Educacion, ODS08 Traballo Decente Crecemento, ODS10 Reducion Desigualdades, ODS12 Producion Consumo Responsable

Taller de suprareciclaxe no que persoas en risco de exclusión social transforman lonas publicitarias de PVC altamente contaminantes, en mochilas e bolsas artesanais únicos, xerando oportunidades sociais e ambientais.

web Asociación Érguete | instagram Érguetefacebook Érguete

web La Canalla | instagram La Canallafacebook La Canalla

BagsUp, unha segunda oportunidade para os materiais e sobre todo para as persoas

A industria téxtil e o uso masivo de materiais plásticos non degradables xeran un grave problema global. As lonas publicitarias de PVC tardan ata centos de anos en descompoñerse, acumulándose en vertedoiros e liberando microplásticos e toxinas que contaminan o solo e a auga.

Ao mesmo tempo, as persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social a consecuencia de procesos de adicción, vulnerabilidade económica ou medidas xudiciais atopan barreiras estruturais severas para acceder ao mercado laboral formal. A falta de formación técnica adaptada e de oportunidades iniciais xera un círculo de exclusión difícil de romper. 

Ante esta realidade, a economía circular e os procesos de capacitación comunitaria aparecen coma ferramentas capaces de reducir residuos e crear oportunidades de inclusión social e laboral. 

Nova: Los microplásticos de la ría de Vigo se concentran en Samil y Canido Nova: «Los microplásticos son como una lluvia menuda que nos acaba mojando» Nova: 15.300 paus de batea recollidos en tres días: o plástico contamina as praias galegas Nova: Ese Vigo que se consume por las calles

Contaminación física e ambiental, un problema que non se soluciona

Hai xa máis de 40 anos que unhas nais descubriron que os seus fillos consumían drogas. Non sabían o que era. Da procura colectiva de respostas naceu a Asociación Érguete no 85 e hoxe, 40 anos despois, seguen aquí. Elas abriron un camiño que cambiou a sociedade. Elas denunciaron aos narcotraficantes, sinalaron os bares e as persoas que vendían droga, loitaron nas rúas e nos despachos, e, tamén, gañaron dereitos para as persoas con problemas de adiccións. Elas marcaron o camiño e as solucións dunha loita que hoxe continúa.

Esta experiencia permitiu reflexionar sobre como os problemas vinculados ás adiccións evolucionan e se transforman co tempo. Hoxe detectamos novos perfís e necesidades: mocidade exposta a adiccións con e sen substancia nun contexto de maior accesibilidade e normalización do consumo, así como persoas maiores que afrontan situacións de soidade, deterioro da saúde e perda de redes de apoio.

Ao mesmo tempo, observamos que moitas das respostas seguen recaendo excesivamente na responsabilidade individual cando existen causas estruturais vinculadas ás desigualdades sociais, á falta de oportunidades e á escaseza de recursos especializados.

Neste contexto, iniciativas como BagsUp levan a preguntarnos como crear espazos que combinen acompañamento, participación e novas oportunidades para as persoas e para o seu entorno.

Nova: A Asociación Érguete e as súas nais fundadoras lembran que 40 anos despois o narcotraficante e as drogas continúan a matar e advirte de que as cidades galegas están a vivir un repunte do consumo

BagsUp, máquinas de coser contra as adiccións

Unha marca de artesanía reciclada que debuxa unha vida nova, unha segunda oportunidade. Este é o obxectivo principal de BagsUp, o proxecto da Asociación Érguete e de La Canalla. É un espazo seguro para as nosas persoas usuarias e as súas familias no que recuperar hábitos e autoestima, romper estigmas e ver que o que crean ten calidade e é útil para a sociedade. Esta marca é, en definitiva, unha segunda oportunidade para obxectos e persoas.

Tamén é un espazo seguro para as nosas persoas usuarias e as súas familias no que recuperar hábitos e autoestima, romper estigmas e ver que o que crean ten calidade e é útil para a sociedade. Esta marca é, en definitiva, unha segunda oportunidade para obxectos e persoas.

Nova: Máquinas de coser contra las drogas Nova: 'BagsUp': El supraciclaje de Érguete que da segundas oportunidades a materiales y personas Nova: Érguete convierte lonas usadas en bolsos y mochilas para dar una segunda oportunidad a materiales y personas Dossier fotográfico