7 xullo 2025 | Este ano, O Globo celebrou o seu VII Encontro no Centro de Estudos Avanzados da USC. Alí, con Diana Sieira e Marita Martínez como mestras de cerimonias, e a través da xa habitual feira de microexperiencias de transformación social, colectivos e centros educativos puxeron en común o traballo que están a realizar.

As temáticas abordadas foron de gran relevancia e actualidade: a guerra en Palestina, a protección do medioambiente, a humanización das cidades con espazos verdes, a importancia da preservación das tradicións ou a riqueza da interculturalidade, ou o antiespecismo, entre outras moitas cuestións.

Como mostra do vivido, podedes achegarvos ao que alí aconteceu a través do vídeo resumo realizado por AGARESO: