19 maio 2025 | O vindeiro venres 13 de xuño, temos unha cita ineludible no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde celebraremos o VII Encontro de O Globo. Este evento converteuse nun referente para persoas e organizacións comprometidas coa transformación social, que atopan aquí un espazo para compartir, aprender e inspirarse mutuamente.

Como cada ano, este encontro será o punto de unión para persoas diversas pero cunha mesma inquietude: traballar pola xustiza social. Un espazo para coñecer referentes e, á súa vez, converterse en referentes para outras persoas.

O encontro xirará ao redor dunha Feira de Microexperiencias de Transformación Social, onde entidades e colectivos amosarán os seus proxectos e iniciativas. Pero tamén haberá lugar para a arte, o humor e a radio, disciplinas que nos permitirán reflexionar de forma conxunta sobre como colaborar para construír un mundo máis xusto.

As novas iniciativas presentadas este ano sumaranse ás xa promovidas, contribuíndo á construción dun Observatorio da Participación e da Cidadanía Global, unha plataforma en constante actualización que xa conta con máis de 90 microexperiencias de transformación social.

VI Encontro de O globo, celebrado en xuño de 2024