20 decembro 2024 | Neste ano 2024 o apartado ferramentas foi actualizado con cinco novos materiais que poden ser de interese para fomentar unha participación activa, efectiva e plural, ou que abordan contidos de relevancia que abordamos dende o proxecto de O Globo:

  • Clic contra la soledad no deseada.  Un estudo sobre a participación e os dereitos dixitais nas persoas maiores, elaborado pola Fundación ESPLAI e o grupo de investigación da UDC, ECIGAL. O informe aborda como as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) poden previr e reducir a soidade non desexada en persoas maiores, promovendo redes de apoio e empoderamento. Inclúe un enfoque participativo, análise de resultados e propostas prácticas para fomentar a adopción das TIC neste colectivo.
  • "Soledad no deseada en la era digital: reflexiones entre personas mayores". Xornada de presentación do informe "Clic sobre la soledad no deseada" organizado pola Fundación Esplai, na cal se abordou a importancia de garantir que as persoas maiores teñan acceso e habilidades para participar plenamente na vida dixital, promovendo os seus dereitos tecnolóxicos, sempre dun xeito participativo e contando coas opinións e demandas das propias persoas maiores para levalo a cabo.
  • Ponte ao día!. Xogo dixital desevolvido pola Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Deputación de Pontevedra para o programa "Somos Ponte". A través de preguntas sobre cooperación internacional e países do Sur Global nos que traballa a cooperación galega, permite descubrir realidades globais e proxectos locais financiados pola Deputación. É unha ferramenta moi interesante para abordar estas temáticas con persoas de todas as idades.
  • Guía de sensibilización en valores del voluntariado en el ámbito educativo. Guía creada pola Plataforma de Entidades de Voluntariado de la Comunidad de Madrid (FEVOCAM) en 2016. Ofrece ferramentas para promover a solidariedade e a participación en centros educativos, recollendo experiencias e proporcionando recursos para integrar os valores do voluntariado no ámbito escolar.
  • El acceso a los servicios esenciales y la participación en las personas mayores en la defensa de sus derechos. Guía elabordada por EAPN España en 2023 que aborda como as persoas maiores poden acceder a servizos esenciais e defender os seus dereitos mediante a participación activa, promovendo o envellecemento digno e inclusivo, especialmente para aquelas en risco de pobreza ou exclusión social.