Obradoiro de formación O Globo
O 23 de novembro de 2019 realizamos un obradoiro para afinar a metodoloxía do Globo. Como resultado, elaborouse a Guía de desenvolvemento das micro-experiencias de transformación social do Globo.
24 novembro 2019 | A metodoloxía do Globo ten como núcleo as micro-experiencias de transformación social, unha oportunidade de aprender a través da busca de información, da reflexión e da acción.
No obradoiro, celebrado en Santiago de Compostela e no que participaron 12 persoas vinculadas a Solidariedade Internacional de Galicia, traballouse na definición dos procesos e ferramentas que constitúen as fase de luces, de cámara e de acción, fases que deben seguir todas as micro-experiencias de transformación social do Globo.
Tamén se compartiron posibles ferramentas a empregar en cada fase, para seren aplicables nas aulas e presentáronse pautas para a comunicación das experiencias, que orienten ao alumnado dos centros á hora de xerar os seus materiais divulgativos, tanto para a Sonda do Globo como para os Encontros.
Como síntese e resultado do obradoiro, elaborouse unha Guía de desenvolvemento das micro-experiencias de transformación social do Globo, dispoñible no espazo de Ferramentas desta mesma web.