8 novembro 2024 |
En que consiste esta formación?
O obxectivo principal é capacitar o profesorado en coñecementos teórico-prácticos sobre a Educación para a Cidadanía Global e a Axenda 2030, facilitando o desenvolvemento de proxectos de transformación social nas aulas. 

Que imos traballar e como o faremos?
Presentarase a iniciativa de O Globo como ferramenta para a participación social, así como a súa meodoloxía propia para levar a cabo iniciativas de transformación social.
A formación inclúe sesións formativas prácticas, así coma un acompañamento persoalizado para apoiar a posta en práctica nas aulas das aprendizaxes adquiridas.

Cando e onde será?
A formación terá unha duración de 20 horas, sendo 12 presenciais e 8 de traballo autónomo. As sesións preseciais serán na EGAP, en Santiago de Compostela, no seguinte horario:

  • Sábado, 11 de xaneiro de 2025. De 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00
  • Venres, 7 de marzo de 2025. De 16:30 a 20:30

Inscrición premendo AQUÍ
Para máis información, podes contactar con nós a través do mail: sensibilización@solidaridadgalicia.org