3º Edición da formación no marco do Globo
A comezos de 2024 arranca unha nova edición da formación dirixida ao profesorado no marco do Globo. A terceira edición desta formación, homologable pola Consellería de Educación, ten por obxectivo achegar coñecementos prácticos para a posta en marcha de procesos de transformación social nas aulas.
3 novembro 2023 | Cal é o potencial da Educación para a Cidadanía Global como ferramenta socio – educativa? Como podemos aplicar esta metodoloxía na escola? Como implicar ao alumnado e ao centro nun proceso participativo de transformación social?
Obxectivos
O obxectivo deste espazo formativo é o de adquirir coñecementos teórico – prácticos sobre a educación para a cidadanía global e a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible como proceso socio – educativo. Presentarase a O Globo como ferramenta para a participación social. Ademais, a través das sesións formativas e o acompañamento persoalizado, apoiaremos na posta en práctica nas aulas das aprendizaxes adquiridas na formación, abordando as fases de investigación, análise e acción, acompañando ao profesorado na planificación para a súa posta en práctica.
Información
A formación terá unha duración de 20 horas, sendo 12 presenciais (desenvolveranse o 20 de xaneiro de 2024 entre as 10h e as 19h; e o 8 de marzo de 2024, en horario de tarde. O espazo de desenvolvemento das sesións presenciais será no EGAP (Santiago de Compostela).
Inscrición premendo AQUI
Máis información en sensibilización@solidaridadgalicia.org