Conversando con...Haydee Castillo
O vindeiro venres, 8 de setembro, ás 20.00h, terá lugar a primeira cita deste ciclo de conversas arredor da participación social e os activismos. "Conversando con..." xirará arredor da experiencia e traxectoria de persoas referentes na transformación social ao longo do globo.
1 setembro 2023 | Anota na túa axenda unha cita que non podes perder! O venres 8 de setembro, ás 20.00 horas, temos a oportunidade de conversar coa activista nicaraguana Haydee Castillo arredor dos activismos e da importancia da participación comunitaria para afondar na defensa dos Dereitos Humanos.
Haydee Castillo é licenciada en Ciencias Sociais e titulada no Máster en Integración e Desenvolvemento. A súa traxectoria é amplísima, sendo fundadora e membro activo de diversas organizacións en favor dos Dereitos Humanos, así como consultora e asesora de diversas entidades. Unha liña de vida que entrelaza o persoal e o profesional, e que xira entorno á ciudadanía Nicaraguana, o liderado da sociedade civil, o feminismo e a defensa dos Dereitos Humanos.
O Globo comeza con Haydee Castillo este ciclo de conversas, afondando no seu carácter presencial e de intercambio de experiencias de transformación social. "Conversando con..." danos a oportunidade de compartir espazos de conversa con persoas referentes nos activismos nun espazo próximo e informal: O Café de Macondo.
Conversando con...Haydee Castillo
Venres, 8 de setembro de 2023, 20.00h
El Café de Macondo (Rúa San Andrés 106, 15003 A Coruña)
Por motivos de aforo, agradécese confirmación de asistencia en info@solidaridadgalicia.org