4 xullo 2023 | Un ano máis, o Encontro do Globo deixounos con moi boas sensacións. A chuvia deixounos celebrar unha xornada na que sucederon moitísimas cousas: rimos para comezar de moi bo humor, improvisamos, fixemos fotografía participativa, reflexionamos sobre as microexperiencias de transformación social, regueifamos, conectamos en liña ata Guatemala con Mujeres Kaqla, e sobre todo, compartimos as microexperiencias de transformación social desenvoltas ao longo do ano.

O Encontro permitiunos aprender doutras persoas, conectar e intercambiar, polo que queremos dar as grazas a todas as persoas que os achegastes e formastes parte deste Encontro. Dentro vídeo!