24 abril 2023 | KAQLA nace en Guatemala en 1996 como un grupo desde e para as mulleres maias, no contexto dos Acordos de Paz e o posconflito. O seu nacemento estivo motivado pola necesidade de promover a reflexión e o debate entre as mulleres maias para xerar propostas acerca de diversos temas e fenómenos relacionados co xénero, etnicidade e clase. Este traballo con mulleres, complementase c traballo realizado con xóvenes (mulleres e homes) co fin útimo de traballar en novos liderados.

A través desta formación, na sede da EGAP en Santiago de Compostela, Hermelinda Magzul Patal e Flor Barán Magzul darán a coñecer estratexias para promover a participación social da mocidade.

Contidos:

  • A xuventude como motor de cambio
  • Promoción do liderado dende a identidade
  • Metodoloxías para traballar os liderados xuvenís

Podes inscribirte premendo aquí.