Boa acollida da formación do Globo por parte do profesorado
O 17 de marzo desenvolveuse a segunda sesión de formación ao profesorado centrada na metodoloxía do Globo e na educación para a cidadanía global. A sesión desenvolveuse na biblioteca do IES Fernando Wirtz e contou coa participación de 12 persoas.
1 abril 2023 | A segunda sesión da formación dirixida ao profesorado xirou arredor do contraste sobre o estado das micro - experiencias postas en marcha ao abeiro da primeira sesión formativa, socializando o proceso nas aulas e compartindo as dificultades atopadas e os puntos fortes.
Para superar posibles atrancos, realizouse unha dinámica para clarificar as fases da metodoloxía do Globo: Luces, Cámara e Acción. Ademais, visibilizáronse algunhas micro - experiencias de transformación social pasadas como referentes, como a desenvolta no IES As Bizocas.
En canto á avaliación da formación por parte das persoas participantes, o 54,4% valoraron a formación coa nota máxima, que se suma ao 27,3% que valorou a formación cunha puntuación de 9 sobre 10. Así mesmo, o profesorado valorou moi positivamente as metodoloxías empregadas.