Así foi a formación sobre participación social e liderados transformadores con Haydée Castillo
Tivo lugar os pasados 13 e 15 de decembro e asistiron máis dunha trintena de persoas
21 decembro 2022 | O Globo promoveu unha nova formación virtual orientada á promoción de protagonismos, individuais e colectivos, alternativos, positivos e eficaces na transformación articulada da actual sociedade os pasados 13 e 15 de decembro.
Así foi
Dirixida a particulares e colectivos que buscasen mellorar os seus coñecementos e habilidades en participación social, aglutinou a 34 persoas que compartiron experiencias e aprendizaxes. A docente, Haydée Castillo, profesional nicaragüense con máis de trinta anos de experiencia internacional na defensa de Dereitos Humanos, Consultora internacional en Políticas Públicas, Participación Cidadá e Democracia e forzada ao exilio e ex presa política en outubro do 2018, actualmente serve como fundadora e membro activo do Consello Político "Unidad Nacional Azul y Blanco", que naceu a instancias dos movementos autoconvocados do pobo nicaraguano na rebelión popular de abril de 2018.
Nun mundo global, a necesidade de transformación debe responder ás lóxicas da interdependencia. Compartimos con vós unha das citas de Haydée:
"Toda inxustiza non resolta, vinos impactar a todas e todos".
Boas festas!