O Prisma celebrou a súa 6ª xuntanza
A semana pasada reuníuse o grupo motor do Globo, O Prisma, cos obxectivos de avaliar as accións desenvoltas ao longo deste ano e trazar as liñas mestras de cara á actividade no 2023. Foi unha xuntanza ben produtiva na que puxemos en valor a senda percorrida e marcamos o camiño do futuro do Globo
26 novembro 2022 | A sexta xuntanza do Prisma reuniuse o pasado en formato telemático o pasado 18 de novembro entre as 17 e as 19h, nunha xuntanza na que participaron un total de 12 persoas.
A xuntanza dividiuse en dous blocos temáticos: un para facer reflexión sobre a último encontro do Globo e a segunda parte para reflexionar conxuntamente sobre as liñas de traballo a seguir para poñer en valor o labor do Globo e mellorar a súa comunicación.
Valoración do IV Encontro do Globo
As persoas asistentes valoraron positivamente o último encontro, entendendo o formato feira como acaído e poñendo en valor a vontade de participación de colectivos tan diversos. Detectáronse as liñas ás que dar continuidade, como a da formación ao profesorado, os obradoiros ou empregar o formato de exhibición para poder coñecer cada unha das microexperiencias. Ademáis, gustou a iniciativa de deseño de tótems de cada unha das microexperiencias para darlles difusión dentro da xornada e o uso do humor como fío conductor da actividade.
O futuro da comunicación do Globo
Para rematar a sesión, puxemos en común distintos puntos de vista para mellorar a comunicación do Globo que poderedes ver nos vindeiros meses. Cuestións relacionadas cos medios de comunicación tradicionais, así como a divulgación do Globo nas redes sociais e noutros espazos desconectados, derivou nunha conversa ben interesante onde todas e todos os asistentes compartimos puntos de vista diversos.
O Globo sigue xirando!