Presentamos unha nova edición de formación dirixida ao profesorado
Cal é o potencial da Educación para a Cidadanía Global como ferramenta socio – educativa? Como podemos aplicar esta metodoloxía na escola? Como implicar ao alumnado e ao centro nun proceso participativo de transformación social?
6 setembro 2022 | Tras a experiencia formativa do ano anterior, O Globo consolídase como ferramenta útil nas aulas galegas. Presentamos unha formación homologable pola Consellería de Educación, dirixida ao profesorado interesado na Educación para a Cidadanía Global.
Obxectivos
O obxectivo deste espazo formativo é o de adquirir coñecementos teórico – prácticos sobre a educación para a cidadanía global e a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible como proceso socio – educativo. O Globo presentarase como ferramenta de participación social, na que levar á práctica as aprendizaxes adquiridas, abordando as fases de investigación, análise e acción, acompañando ao profesorado na planificación da súa posta en práctica.
Información práctica
A formación terá unha duración de 20 horas, sendo 12 presenciais (desenvolveranse o 14 de xaneiro de 2023 entre as 10h e as 19h; e o 16 de febreiro de 2023, en horario de tarde. O espazo de desenvolvemento das sesións presenciais será no EGAP (Santiago de Compostela).
Podes inscribirte na seguinte dirección: https://forms.gle/umX699piF7TgmaPC8
Máis información en sensibilización@solidaridadgalicia.org