28 febreiro 2022 | A Ruta nace como resposta a unha demanda que xurde á medida que o proxecto O Globo colle altura e medra. Queremos dar cabida á implicación de persoas que, pola súa motivación e vinculación co proxecto, queren seguir participando no mesmo. A Ruta pretende atopar a maneira de conservar e fomentar ese vínculo, xerando unha nova canle de participación que canalice a motivación destas persoas.

Como entendemos que ten que ser A Ruta?

  • Unha canle de participación sempre aberta (non ten tempos marcados, senón que os marca a persoa que participa)
  • Serve para canalizar un desexo de participar de forma activa
  • É un vínculo flexible, aberto ás posibilidades de participar de cada persoa (en accións puntuais, a medio prazo, etc), que marca os ritmos.
  • É un espazo no que cada persoa decide o que quere aportar, dende as súas capacidades, tempos e creatividade, contando co acompañamento do equipo do Globo.

Se queres saber máis, podes escribir un correo a oglobo.sigalicia@gmail.com , enviarnos unha mensaxe nas redes sociais do Globo, ou chamarnos ao teléfono 627 096 062.