Rematamos a formación do Globo, dirixido á comunidade educativa
A finais de xaneiro tivo lugar a segunda sesión presencial na que o profesorado de distintos centros educativos galegos tiveron a oportunidade de poñer en común o traballo co seu alumnado, promovendo distintas micro- experiencias de transformación social.
30 xaneiro 2022 | A sesión comezaba cun breve repaso dos contidos traballados na sesión anterior, para continuar poñendo en común algunhas cuestións relacionadas coa posta en marcha das micro – experiencias de transformación social: cal foi a temática pola que se interesou a mocidade? Como a elixiron? Cales foron as motivacións? Que relación ten a temática cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible?; Quen está impulsando a micro – experiencia (o profesorado, un equipo, o propio alumnado...); Como imos incorporar a mirada da educación para a cidadanía global ao longo da micro - experiencia de transformación social?; etc.
Despois, fomentamos o diálogo entre as distintas persoas participantes, compartindo aqueles obstáculos e potencialidades que foron experimentando ao longo do desenvolvemento da micro – experiencia. Hai centros que están comezando o proceso, e outros están nos pasos finais, polo que compartir aqueles puntos de inflexión da posta en marcha das micro – experiencias foi algo enriquecedor.
Por último, mirando cara ao futuro, quixemos consultar coas persoas participantes algunhas cuestións de cara a como organizar o IV Encontro do Globo. Queremos agradecer a todas as persoas a súa participación, e esperamos que a formación lles fose de utilidade