19 outubro 2021 | Nesta formación analizarase o contexto global de desigualdade no que vivimos, e afondaranse nos conceptos de interdependencia, corresponsabilidade, Axenda de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030) e participación social,  imprescindibles para traballar desde un enfoque de Cidadanía Global. Así mesmo, mostraremos esta ferramenta de participación social, O Globo, que permite traballar e formarse nos coñecementos, habilidades e valores para exercer a cidadanía global, potenciando o desenvolvemento de competencias propias do currículo escolar e de habilidades participativas. Traballarase desde unha estratexia que contempla a investigación, o análise e a acción.

Os obxectivos a acadar nesta formación serán:

  • Adquirir coñecementos teóricos-prácticos sobre a Educacion para a Cidadanía Global e a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible coma proceso socio-educativo.
  • Coñecer O Globo (observatorio para educar na cidadanía global) como ferramenta de participación social.
  • Utilizar a metodoloxía que dende O Globo se impulsa:  Luces (coñecer), Cámara (reflexionar) Acción (actuar) como estratexia didáctica na aula.
  • Por en practica os coñecementos e as habilidades adquiridas na fase presencial.
  • Desenvolver na aula unha micro-experiencia de transformación social baixo a metodoloxía de luces-cámara-acción.
  • Socializar a micro-experiencia elaborada nos espazos de encontro de O Globo.

 

A formación terá unha duración de 20 horas, sendo 12 presenciais (o sábado 13 de novembro en horario de 10:00 – 14:00 e de 15:00 a 19:00 horas e o xoves  20 de xaneiro de 2022 en horario de 16:30 a 20:30) e 8 de traballo en aula titorizado. O espazo de desenvolvemento das sesións presenciais serán no EGAP (Santiago de Compostela), e será homologable pola Consellería de Educación. Pode inscribirse na seguinte dirección https://forms.gle/1wRkts7y3i3BKmyQA