5 maio 2021 | A comezos do 2021, Solidariedade Internacional de Galicia arrancaba un estudo para coñecer a participación da mocidade galega, para así poder promovela e fortalecela. O estudo comprendeu unha fase de revisión bibliográfica que nos deu un contexto sobre a situación actual, e tamén un primeiro encontro co grupo motor, formado por persoas expertas, para que nos trasladasen a súa visión.

Agora é, pois, o momento de escoitar á propia mocidade. Por iso, se tes entre 14 e 30 anos, e queres dar a túa opinión sobre a participación social da mocidade galega, preme neste enlace! Accederás a unha enquisa na que dar a túa opinión sobre os temas que te interesan, se participas ou non dalgunha iniciativa, e se te parece importante ou non iso de “participar”.

O cuestionario estará dispoñible ata o 23 de maio!